Un incendio calcina unha chabola na rúa Rosalía de Castro
Por Redacción
Os Bombeiros de Pontevedra acudiron na madrugada deste venres ata a rúa Rosalía de Castro alertados por un incendio.
O lume produciuse sobre as 2:05 horas nunha chabola construída nunha leira situada no número 42 desta rúa.
Segundo informaron os Bombeiros, as chamas calcinaron a infravivenda fabricada con madeira, así como uns colchóns e diversos aveños. Non se rexistraron danos persoais nin houbo que desaloxar a ningún veciño dos edificios próximos.
O incendio produciu unha gran fumareda e mantivo espertos aos residentes da zona.
Ata o lugar do suceso acudiron seis coches policiais, dous de bombeiros e unha ambulancia.
Relacionadas:
-
Sufocan o enésimo incendio en Rosalía de Castro co mesmo autor
Por Oskar Viéitez & Diego Torrado |
-
Detido un indixente polo incendio debaixo da ponte de Rosalía de Castro
Por Natalia Puga |
-
VIDEO.- Alerta veciñal en Rosalía de Castro por un novo incendio nos refuxios de indixentes
Por Oskar Viéitez |
-
Susto polo fume provocado por unhas brasas baixo a ponte de Rosalía de Castro
Por Redacción & Diego Torrado |