Máis de sete mil exames en once días
Por Redacción
Case tres mil alumnos do Centro Asociado da UNED en Pontevedra examináronse durante o primeiro periodo de exames do curso académico 2012/2013, realizando en total máis de sete mil exames.
2853 alumnos do Centro Asociado da UNED en Pontevedra examináronse na primeira semana de probas presenciais e realizaron un total de 7069 exames.
O periodo de exames relativo ao primeiro cuatrimestre do curso académico 2012/2013 daba comezo o día 28 de Xaneiro e finalizaba o 15 de Febreiro. Máis de corenta e tres sesións de exames tiveron lugar nos once días nos que se celebraron as probas.
A cada sesión, asistiu unha media de 167 alumnos.
Na actualidade o Centro Asociado Á UNED en Pontevedra, conta máis de cinco mil matriculados, dos cales un total de 4486 pertencen aos cursos de Grado.
Relacionadas:
-
Máis de 5.000 alumnos, a exame na UNED
Por Redacción |
-
Rajoy recollerá o galardón que premia á UNED de Pontevedra como o centro máis antigo de España
Por Redacción |
-
Lores acode a Vigo a inaugurar a nova sede da UNED
Por Oskar Viéitez |
-
Fanpa promove en Pontevedra unha festa para defender a educación pública
Por Oskar Viéitez |