Máis de 5.000 alumnos, a exame na UNED
Por Redacción
Desde este luns, e ata o 12 de febreiro, é tempo de exames no Centro Asociado á UNED en Pontevedra. As instalacións situadas no barrio de Monte Porreiro acollerán as probas de avaliación de máis de 5.000 alumnos de grao, máster, cursos de idiomas e cursos de acceso á universidade.
Estas serán as primeiras probas de avaliación do presente curso académico e desenvolveranse en dúas quendas, do 25 ao 29 de xaneiro e do 8 ao 12 de febreiro, tendo cada estudante un calendario de exames personalizado en función dos seus estudos.
Durante estas dúas semanas tamén pasarán pola UNED os alumnos de licenciaturas, diplomaturas e enxeñerías. Será unha das súas últimas oportunidades, pois o curso 2015-2016 é o último no que se poderán examinar. Contarán ademais coas próximas convocatorias de xuño e setembro.
Segundo informou a UNED a través dun comunicado, grazas ao sistema de valixa virtual, recentemente implantado en toda a universidade, cada estudante recibe unha proba personalizada, podendo así acceder de forma rápida ao seu exame, coñecer a súa localización exacta na aula e o tempo do que dispón para realizar a proba.
Unha vez finalizada a mesma, se escanea na mesma aula e envíase aos servidores correspondentes para a súa corrección e publicación da cualificación, o cal axiliza enormemente o proceso. Ademais, grazas a este sistema, o alumno pode visualizar o exame no seu campus web o martes posterior á semana de realización do mesmo. Previamente, este proceso realizábase mediante a custodia e envío en papel de cada exame.
Relacionadas:
-
A UNED aposta polos idiomas e a educación nos seus cursos de extensión universitaria
Por Redacción |
-
O centro da UNED en Pontevedra abre o seu segundo prazo de matrícula
Por Redacción |
-
O Padroado da UNED de Pontevedra concede a Vigo cinco titulacións
Por Oskar Viéitez |
-
A UNED de Pontevedra realizará por primeira vez os exames de selectividade para estranxeiros
Por Redacción |
-
Máis de sete mil exames en once días
Por Redacción |