Ponte Caldelas completa o seu Plan Concellos e Marín recibe 65.000 euros máis
Por Redacción
Un total de 504.354,93 euros tiña asignados o Concello de Ponte Caldelas dentro do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra e mediante tres resolucións presidenciais acaba de completar os proxectos que se inclúen nesta liña de axudas aos concellos.
Así, unha achega de 12.000 euros destinarase para o subministro de paneis de sinalización de sendeiros, outra de 5.351,83 euros para a colocación de peches de seguridade no centro cultural municipal de Forzáns, e por último, outros 1.263,65 euros serán para financiar un novo subministro de sinais.
Estas novas cantidades veñen sumarse aos 330.000 euros para proxectos de aforro enerxético e eficiencia enerxética, mellora de parques infantís, construción de muros de contención e melloras na pavimentación de núcleos rurais.
Ademais, tamén se destinaron case 19.000 euros para as Festas das Dores, 18.000 euros para o pagamento de gastos correntes e 110.000 euros para a contratación de 14 traballadores municipais.
MARÍN RECIBE 65.000 EUROS
Para Marín tamén se aprobaron dúas resolucións presidenciais polas que a Deputación aporta 50.986,45 euros para a mellora e renovación do alumeado público exterior na PO-313 entre Coirados e Pardavila e 13.712,86 euros serán para a pavimentación do acceso ao polideportivo municipal da Raña.
A día de hoxe, o grao de concesión do Plan Concellos en Marín sitúase no 72%, cuns investimentos totais ata o momento de 684.754,88 euros.
Relacionadas:
-
Marín incrementa un 9% os fondos que recibe da Deputación
Por Redacción |
-
A Deputación completa o Plan Concellos con 40 millóns de euros en investimentos
Por Oskar Viéitez |
-
Caldas recibe 450.000 euros do Plan Concellos para renovar a rúa Loureiros e actuar na finca "A Tafona"
Por Redacción |
-
O Grove destinará máis de 400.000 euros da Deputación ao seu futuro auditorio e escola de música
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas recibe novos fondos do Plan Concellos para catro actuacións
Por Redacción |