Marín incrementa un 9% os fondos que recibe da Deputación
Por Redacción
A Deputación de Pontevedra achegará o vindeiro ano un 9% máis de recursos ao Concello de Marín no marco do Plan Concellos 2017, un incremento que vén dado polas novas bases do plan, que teñen por obxectivo beneficiar aos municipios máis pequenos da provincia.
Deste xeito, a vila do Morrazo recibirá un total de 1.027.183,01 euros do Plan Concellos 2017, 86.906,71 euros máis que este ano, o que supón un 9,24% máis de recursos que no ano 2016, ano no que xa tivo un 3,2% de incremento respecto a 2015 (o que se traduciu en 28.858,74 euros máis).
Á marxe do Plan Concellos, Marín recibirá o ano que vén outras axudas e subvencións, enmarcadas nas diferentes áreas de actividade da Deputación de Pontevedra, ás que o concello poderá concorrer.