Marín destinará case 85.000 euros para pavimentar camiños rurais
Por Redacción
A empresa Obras, Transportes y Construcciones Fontefría resultou adxudicataria do contrato para a pavimentación de camiños rurais en dez lugares de Marín, traballos para os que o Concello destinará un total de 84.700 euros.
Os trabajos serán financiados con cargo ao Plan Concellos da Deputación.
O edil de Rural, Pablo Novas, explicou que a oferta desta empresa foi a máis vantaxosa para os intereses municipais, de entre as oito que se presentaron a esta licitación.
En concreto, actuarase en camiños de A Roza, O Casal, Cadrelo, O Coto, A Torre, Paramós, Moledo, Aguete, Macenlle e Sete Espadas.
Os operarios xa comezaron a realizar os traballos de limpeza e preparación para o posterior asfaltado destes camiños.
O Concello de Marín destaca que, en función dos recursos económicos que se poden destinar, trata de facer unha repartición entre todos os lugares e parroquias, tentando que estas actuacións beneficien a un número importante de veciños.
Relacionadas:
-
Axuda de 200.000 euros da Deputación a Marín para realizar diversas melloras
Por Redacción |
-
Tapar gretas e quitar malas herbas
Por Oskar Viéitez |
-
Aproban medio millón de euros do Plan Concellos para Marín e Portas
Por Redacción |
-
Marín incrementa un 9% os fondos que recibe da Deputación
Por Redacción |
-
A "brigada do pichi" chega a Marín
Por Oskar Viéitez |