Ernesto Filgueira, premio provincial á Traxectoria do Comercio Galego 2016
Por Redacción
Ernesto Filgueira, o empresario do comercio tradicional da praza de Méndez Núñez, La Casa de los Paraguas, recibirá o vindeiro xoves 13 de outubro o Premio Traxectoria do Comercio Galego 2016 en representación da provincia.
Estes premios son outorgados pola Federación Galega de Comercio e queren destacar a prestixiosa actividade comercial daquelas entidades ou persoas que realizaron un importante traballo en defensa do sector e do asociacionismo. O premio tamén distingue a aqueles empresarios que poñen en valor o pequeno comercio.
Ernesto Filgueira estivo 20 anos á fronte da asociación Centro Comercial Urbano Zona Monumental ata que en 2008 deixou o cargo sendo substituído por Miguel Lago. Aínda así, Filgueira mantense na directiva deste colectivo que ten como principal obxectivo dinamizar a actividade comercial no centro histórico de Pontevedra.
O acto celebrarase na sede de Afundación en Vigo o xoves 13 a partir das 20.00 horas coa presenza de diversas autoridades.
Relacionadas:
-
Pecha Ernesto Filgueira, La Casa de los Paraguas tras 55 anos de actividade
Por Alejandro Espiño |
-
Os comerciantes ven "brotes" no centro histórico tras un ano "diferente"
Por Alejandro Espiño |
-
A entrega dos premios do comercio galego tivo sabor pontevedrés
Por Redacción |
-
Medio século non é nada para a familia Filgueira
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |