Unha menor resulta ferida nun atropelo na Ponte dos Tirantes
Por Oskar Viéitez
Unha moza de 17 anos resultou ferida nun atropelo rexistrado este venres nun dos pasos de peóns da Ponte dos Tirantes.
Segundo informou a Policía Local de Pontevedra a moza presentaba feridas de carácter leve.
Os axentes municipais interromperon o tráfico de acceso á urbanización de Monte Porreiro pola avenida de Bos Aires para que a ambulancia puidese prestar unha primeira atención sanitaria.
SAÍDA DE VÍA DUNS MOTORISTAS
Por outra banda este venres produciuse unha saída de vía dun moto de gran cilindrada na que viaxaban dúas persoas, unha das cales resultou ferida de consideración.
Segundo a Policía Local, o sinistro ocorreu sobre as cinco e media da tarde na estrada PO-542 entre O Pino e Bora.