A APDR pide unha reunión con Carmela Silva ante o "inaceptable" proxecto de ENCE para o Pazo de Lourizán
Por Redacción
A Asociación Pola Defensa da Ría de Pontevedra (APDR) considera "preocupante e inaceptable" a pretensión da empresa Ence de instalar un suposto centro de I+D forestal no Pazo de Lourizán, un inmoble de titularidade pública que depende da Deputación de Pontevedra. Así llo trasladará á presidenta do organismo provincial, Carmela Silva, nunha entrevista que acaba de solicitar.
A asociación solicitou a entrevista para intercambiar opinións coa presidenta provincial acerca do Pazo de Lourizán e da operación que a empresa Ence pretende desenvolver no mesmo no marco do "mal chamado" pacto ambiental asinado coa Xunta de Galicia. Ademais, van poñer sobre a mesa a situación das instalacións do Pazo de Montero Ríos, hoxe nun "estado lamentable" e que cren que ten unhas posibilidades futuras que non se poden ver truncadas con este proxecto.
Para a APDR é "enormemente importante" poder manter unha reunión co goberno da Deputación porque son conscientes do papel que pode xogar o goberno provincial na defensa do público fronte aos plans de Ence e da sensibilidade ambiental manifestada en moitas ocasións desde o ente provincial.
Segundo informou o presidente da APDR, Antón Masa, a través dun comunicado, esta asociación considera que "non se pode permitir que Ence (...) pretenda beneficiarse a costa do erario público dun edificio como o Pazo de Lourizán" e ve "preocupante e inadmisible que desde a Xunta de Galicia se apoie abertamente esta operación".
Para argumentar esta oposición ao proxecto de Ence, indican que se trata dunha empresa que foi condenada por delito ecolóxico continuado, que eles ven responsable da degradación ambiental da Ría de Pontevedra e dos montes galegos, da desaparición do maior dos bancos marisqueiros da Ría e das únicas praias urbanas de Pontevedra. Ademais, considérana responsable tamén, en moi boa medida, da destrución de emprego na comarca pontevedresa.
Relacionadas:
-
A Xunta pedirá, por terceira vez, un encontro coa Deputación para falar do Pazo de Lourizán
Por Oskar Viéitez |
-
A Deputación acusa a Rueda de "boicotear" a xuntanza sobre o Pazo de Lourizán
Por Oskar Viéitez |
-
A Deputación non poñerá problemas á Xunta para que ceda a Ence o Pazo de Lourizán
Por Oskar Viéitez |
-
Pódese querer a unha árbore?
Por Redacción |
-
Carmela Silva a ENCE: "Eu non admito invitacións de empresas privadas"
Por Oskar Viéitez |
-
A renuncia de Pontevedra e Poio a participar con Ence no Pacto Ambiental "no perjudicará" a ningún colectivo social
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Poio non participará do pacto ambiental de Ence: "É unha compra de vontades mafiosa"
Por Alejandro Espiño |
-
A APDR critica a "complicidade submisa do goberno galego" con ENCE no Pacto Ambiental
Por Natalia Puga |
-
Lores, sobre o pacto ambiental de Ence e a Xunta: "A min non me van convencer con abalorios"
Por Natalia Puga |