O Concello, a ENCE: "Non precisan a nosa anuencia para repartir os seus cartos"
Por Alejandro Espiño
A repartición dos tres millóns de euros que, anualmente, comprometeuse a entregar a empresa Ence a colectivos sociais de Pontevedra, Poio e Marín segue coleando. E todo pola negativa dos dous primeiros concellos a participar na comisión de seguimento do pacto ambiental asinado entre a compañía e a Xunta.
Esta decisión, entenden diferentes asociacións de Pontevedra e Poio -apoiadas polo PP-, podería provocar que o diñeiro de Ence non lles chegue, a pesar de que desde a empresa reiteraron que aínda que estes dous gobernos municipais non participen deste proceso os beneficiarios destas axudas non se verán prexudicados.
Neste escenario o Concello de Pontevedra, a través do seu portavoz, reiterou este luns que non se sumará ao pacto ambiental con Ence e que, por tanto, non estará involucrado de ningunha maneira na repartición destes fondos.
Raimundo González explicou que Ence é unha empresa privada que "cos seus cartos fai o que quere", polo que non necesita a "anuencia" de ningunha outra administración pública.
O edil do BNG lembra, ademais, que "historicamente" Ence sempre subvencionou a diferentes entidades deportivas e sociais de forma directa e non necesitou recorrer aos concellos.
"Será que non queren pagar ou agora están arrepentidos de anunciar que ían investir eses cartos", ironizou o portavoz do goberno municipal.
Relacionadas:
-
Moreira: Pontevedra "va en desventaja" nas axudas de ENCE pola "ideología rancia" do Concello
Por Alejandro Espiño |
-
Castelao non acudirá á xuntanza convocada para coñecer as axudas de ENCE
Por Redacción |
-
Aberto o prazo para pedir subvencións a ENCE
Por Oskar Viéitez |
-
A APDR chama a "manter unha actitude contraria" fronte a aqueles que "colaboren con Ence"
Por Oskar Viéitez |
-
Moreira, ao Concello: "Si no quieren el dinero de ENCE que no cojan ni los impuestos"
Por Alejandro Espiño |
-
O PP de Poio reunirase cos colectivos sociais para abordar o reparto dos fondos de Ence
Por Oskar Viéitez |
-
Carmela Silva a ENCE: "Eu non admito invitacións de empresas privadas"
Por Oskar Viéitez |
-
A renuncia de Pontevedra e Poio a participar con Ence no Pacto Ambiental "no perjudicará" a ningún colectivo social
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |