Atropelo de carambola nun paso de peóns de Meaño
Por Redacción
Unha colisión entre dous vehículos provocou este luns o atropelo dun home nun paso de peóns en Dena, Meaño.
Sucedeu ás 4:30 da tarde nas inmediacións do supermercado Lolita.
O home dispoñíase a cruzar cando un vehículo de autoescola detívose ante un paso de peóns pero unha furgoneta que viaxaba detrás non freou, chocando contra a parte traseira do turismo e provocando o seu avance ata arroiar ao mozo.
O ferido foi trasladado ao Hospital Domínguez de Pontevedra con lesións de carácter leve.
Segundo informou o 112, despois de atender a chamada dunha persoa particular, os xestores do 112 informaron os profesionais sanitarios, á Policía Local, aos membros do GES de Sanxenxo e aos Bombeiros do Salnés.