Un convenio coa AP-9 garante que os vehículos de bombeiros non terán que deterse nas cabinas do peaxe
Por Redacción
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva presidiu este martes o pleno do consorcio provincial contra incendios que aprobou o seu orzamento para o ano 2017 que ascende a 3.285.000 euros.
Ao mesmo tempo, reuniuse o consello asesor do consorcio no que participan representantes dos concellos de Ribadumia, Vilagarcía, O Porriño e Bueu.
Este consello asesor foi informado do convenio entre a Deputación de Pontevedra e Autopista do Atlántico (AP-9) para que os vehículos do consorcio podan usar as vías de telepeaxe en lugar de deterse nas cabinas de cobro. Deste xeito garantírase unha maior rapidez no traslado dos vehículos de emerxencia cando teñen que usar a autopista do Atlántico. Este convenio foi aprobado tamén polo plenario do consorcio.
O plenario do consorcio, do que forman parte a Xunta de Galicia e a Deputación, aprobou tamén a conta xeral do ano 2015 e informou dos prazos de pagos do segundo e terceiro trimestre de ano dacordo co previsto na lei 3/2004 contra a morosidade nas administracións públicas, situadas entorno aos 27 días.
O consorcio provincial contra incendios conta con catro parques nos concellos de O Porriño, Bueu, Ribadumia e Vilagarcía e desde eles prestase o servizo de extinción de incendios aos concellos da provincia salvo a Pontevedra e Vigo, que por lei teñen os seus propios servizos.
Relacionadas:
-
Inspección de Traballo obriga a corrixir deficiencias no servizo de bombeiros do Consorcio Provincial
Por Oskar Viéitez |
-
O BNG esixe en Pontevedra unha AP-9 galega e sen peaxes
Por Redacción |
-
O BNG inicia unha campaña de incidencia social e política para recuperar a xestión da AP-9
Por Natalia Puga |
-
O PP pídelle a Carmela Silva que remita os informes á Xunta para a xestión directa dos parques de Bombeiros
Por Anxo Lourido |
-
As deputacións de Pontevedra, A Coruña e Lugo propoñen a xestión directa dos parques de bombeiros
Por Redacción |