Repostos os bancos estragados por vándalos no parque infantil da Salgueira
Por Redacción
Os bancos de pedra no parque infantil da Salgueira en Sanxenxo foran esnaquizados por actos vandálicos durante a celebración do Samaín. Os veciños deste lugar de Vilalonga solicitaron ao departamento de Medio Ambiente a reposición deste mobiliario urbano, que fora instalado polo propio colectivo veciñal.
Segundo o goberno local de Sanxenxo, o escaso grosor da pedra facilitou que os vándalos puidesen rompelos, imposibilitando que as mesas puidesen ser utilizadas.
Agora, a Concellería de Medio Ambiente instalou no parque uns bancos de gran grosor para garantir a súa resistencia e facilitar que os veciños volvan utilizar estes elementos de lecer.
A concelleira Coral González-Haba fai un chamamento a todos os veciños para que conserven o mobiliario público e denuncien calquera acto vandálico.
Durante a noite de Samaín queimáronse colectores, que foron cambiados por outros, ademais de romper papeleiras, que tamén foron repostas. Tamén, o goberno municipal ha procedido a eliminar pintadas aparecidas na fonte de Vilalonga.
SENDA DO RÍO FABAÍÑOS
A concellería de Medio Ambiente, por outra banda, traballa na redacción do proxecto para a ruta peonil paralela ao río Fabaíños, un estudo que redactará con cargo ao Plan Director de promoción Ambiental. González-Haba convocará aos veciños da zona, cando conclúa o traballo técnico, para acordar con eles a actuación que se vai a realizar.