Solicitan a reparación do reloxo do Santuario da Virxe Peregrina
Por Oskar Viéitez
O grupo municipal do Partido Popular solicitou ao goberno local de Pontevedra que leve a cabo a reparación do reloxo que preside o Santuario da Virxe Peregrina, tras permanecer parado durante os últimos meses.
A través dun rogo que presentaron este mesmo mércores na Comisión de Mobilidade e Infraestruturas, a formación que encabeza Jacobo Moreira, levará este asunto á vindeira Comisión de Mobilidade e Infraestruturas. "O mantemento deste reloxo é competencia municipal dende que a Asociación Amigos de Pontevedra o doou á Confraría de Nuestra Señora del Refugio La Divina Peregrina", apuntou o concelleiro popular, César Abal.
Ademais, solicitan unha mellora urxente para o habitáculo polo que se accede ao reloxo "xa que atópase en lamentables condicións", destacou Abal. "O Santuario da Virxe Peregrina é o símbolo por excelencia da nosa cidade e como tal dende o Concello de Pontevedra debemos coidar o noso patrimonio máis importante", engadiu.
Unha vez reparado o reloxo e tras realizar as melloras no seu acceso, os populares propoñen que o mantemento do Santuario sexa cedido á Confraría.