Rouban na cafetería La Fábrica dentro da vaga de saqueos a locais da cidade
Por Redacción
A asociación de Hostaleiros Empresarios de Pontevedra (Hoempo) denunciaba que nos últimos dous meses rexistráronse roubos en máis de 12 establecementos da cidade. E durante a noite deste luns 14 volveu rexistrarse un novo roubo noutro establecemento situado no centro de Pontevedra. Os ladróns entraron ao redor das 03.00 horas na cafetería La Fábrica, situada na rúa Riestra, forzando a porta de entrada e causando desfeitas en varios puntos do local.
Neste caso, os delincuentes dirixíronse directamente á caixa rexistradora e abrírona para levar o diñeiro que se atopaba no seu interior. Este local xa fora obxecto doutro roubo con forza no último mes.
Durante este martes, o establecemento volveu abrir as súas portas con normalidade despois do suceso. Os empresarios pontevedreses, a través de Hoempo, mantiveron unha xornada con axentes da Policía Nacional para poñer de manifesto a súa preocupación e coñecer os principais detalles para facer fronte a estas situacións de roubo nos establecementos.
Relacionadas:
-
Prisión para os cinco integrantes dun grupo criminal polos roubos en comercios dos últimos meses
Por Natalia Puga |
-
Detido un mozo polo roubo con forza nun establecemento hostaleiro
Por Oskar Viéitez |
-
Os comerciantes piden axuda á Policía Nacional ante o repunte de roubos en locais
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |