Comisiones Obreras acusa a Mosquera de separar as familias dos operarios do Parque de Maquinaria
Por Anxo Lourido
José Ramón Piñeiro, delegado de Comisións Obreiras na Deputación, continúa denunciando que o vicepresidente da Deputación, César Mosquera, ten intención de privatizar o Parque de Maquinaria. Neste sentido, considera que a intención de adscribir o persoal do Parque Central de Pontevedra aos parques comarcais é un ataque directo ao conxunto de traballadores.
"Van ter que separarse das familias", sinalou Piñeiro, afirmando que os traballadores terán que desprazarse a traballar a outros parques como o de Gondomar, Lalín ou á Estrada.
Apunta, ademais, que os operarios do Parque da Deputación atópanse nerviosos porque descoñecen o seu futuro laboral e considera que César Mosquera tenta reactivar o conflito a pesar de que o persoal paralizou os actos de protesta.
Indican que máquinas como o guindastre ou o equipo de rega atópanse paradas nas instalacións e que a varios dos condutores tampouco se lles adxudica traballo.
José Ramón Piñeiro, acompañado polo secretario comarcal do sindicato José Luis García Pedrosa, asegurou que se chegara a un acordo con Carlos Font ao comezo do conflito para buscar unha solución negociada á situación laboral. Con todo, acusaron a César Mosquera de evitar ese acordo criminalizando os traballadores.
Polo momento, desde Comisións Obreiras seguen avogando polo diálogo e, por ese motivo, non retomarán as mobilizacións de protesta.
Relacionadas:
-
Comisiones Obreras culpa de catro accidentes á Deputación por non botar sal nas estradas
Por Redacción |
-
CC.OO. sostén que a Deputación "mentía ao dicir que o Parque de Maquinaria non se ía a privatizar
Por Redacción |
-
CC.OO. denuncia que na Deputación están incrementando os postos de confianza con altos salarios
Por Anxo Lourido |
-
O conflito do Parque de Maquinaria leva a Carmela Silva a darse de baixa de Comisións Obreiras
Por Oskar Viéitez |
-
Comisiones Obreras culpa o goberno da Deputación dos accidentes nas estradas provinciais
Por Anxo Lourido |