O PP, disposto a absterse na votación do orzamento se Lores rebaixa os impostos
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido
Baixo a premisa de que "a Pontevedra le esperan retos importantes en 2017 y no sería nada bueno para los pontevedreses que tengan un presupuestos prorrogado", Jacobo Moreira, portavoz do grupo municipal do PP, enviaba este mércores 23 unha carta para solicitar unha reunión co alcalde da cidade, Miguel Anxo Fernández Lores, para manter unha reunión e buscar un acordo sobre o orzamento que permita a súa aprobación plenaria.
Moreira explicaba que para levar a cabo esa negociación, os populares poñerán como requisito esencial a baixada de impostos. O portavoz do PP sinalou que o IBI, o imposto de vehículos e algunhas taxas contan con marxe para que leve a cabo un desconto.
Afirmou que os concelleiros populares que levan temas económicos e o concelleiro de Facenda, Raimundo González, mantiveran xa conversacións nas que se detectaba boa disposición para poder establecer as bases para un acordo que permita que Pontevedra en 2017 conte cun orzamento e non cunha prórroga do actual. "Más vale un mal presupuesto que no tenerlo", indicou Moreira, que se negou a falar de liñas vermellas. Mesmo sinalou que se non se baixan o impostos pero se cumpren outros requisitos que melloren o actual documento, poderían chegar a absterse.
Pide a Lores que fixe a data que queira para o encontro sempre que sexa antes de que se tramite o orzamento. Sinalou que igual que cando se constituíu a corporación, o alcalde buscou o acordo para a composición da corporación, Moreira entende que este tema tamén é importante para negocialo.
O portavoz popular afirma que os veciños déronlle a Fernández Lores unha maioría para gobernar, pero ao non ser unha maioría absoluta, "tiene que buscar acuerdos con la oposición. Los ciudadanos están cansados de disputas". Ademais, sinalou que, se finalmente permiten a aprobación do orzamento, estarán pendentes de que se execute e non permitirán que queden investimentos pendentes.
RESPOSTA DO GOBERNO MUNICIPAL
O goberno local anunciou que os responsables económicos do equipo de goberno e do grupo municipal do PP manterán este xoves, ás 17.30 horas, na Sala de comisións do Concello unha nova reunión para abordar o proxecto de orzamentos municipais 2017. Esta reunión, señalan, responde á petición realizada por Jacobo Moreira a través do Rexistro. Non está previsto que asista o alcalde, como demanda o portavoz popular.
FALECEMENTO DE RITA BARBERÁ
Moreira lamentou o falecemento da deputada Rita Barberá, "una persoa que había obtenido el aval de los ciudadanos con mayorías absolutas". Transmitiu o pesar do Partido Popular, como xa realizara o presidente nacional Mariano Rajoy.
Relacionadas:
-
O PP presenta dúas emendas para "restrinxir a arbitrariedade" do alcalde cos cartos públicos
Por Redacción |
-
O goberno local denuncia un pacto da oposición para atacar o modelo urbano e o plan de compostaxe
Por Oskar Viéitez |
-
"Non" do PP ao orzamento municipal: Moreira ve "insuficientes" as cesións do BNG
Por Alejandro Espiño |
-
Reunión "positiva" entre BNG e PP para negociar o orzamento municipal de 2017
Por Alejandro Espiño |
-
María Rey votará non ao orzamento por ser "poco participativo, poco ambicioso y poco equilibrado"
Por Alejandro Espiño |
-
O Consello Económico e Social analiza o borrador dos orzamentos municipais
Por Redacción |
-
Vontade de diálogo entre goberno e oposición para negociar o orzamento municipal
Por Alejandro Espiño |