O PP presenta dúas emendas para "restrinxir a arbitrariedade" do alcalde cos cartos públicos
Por Redacción
O grupo popular vén de formalizar este luns as súas emendas ao orzamento municipal do vindeiro ano 2017.
Así, tal e como avanzou o portavoz popular, Jacobo Moreira, os populares presentaron tres emendas "moi recoñecibles para todos os pontevedreses" coas que reclaman unha rebaixa do IBI, a implantación do transporte urbano e a aprobación inicial do PXOM.
A elas, súmanse dúas emendas ao orzamento que, de ser aprobadas, por unha banda, supoñería que o vindeiro ano calquera transferencia de crédito nas partidas de gasto corrente e inversión terán que ser aprobadas polo Pleno, unha medida que ata o de agora é exclusiva do alcalde.
E por outra banda, co fin de acabar coa arbitrariedade do alcalde á hora de levantar reparos na adxudicación de contratos, 240 formulados só en 2015, os populares propoñen que cada vez que se queira levantar un reparo, se esixa que o interventor xustifique a existencia de motivos para iso.
"O Partido Popular continúa realizando achegas co fin de mellorar o orzamento e lograr así afrontar os retos que ten Pontevedra non só no 2017, senón tamén nos vindeiros anos", afirmou o voceiro popular Jacobo Moreira.
Relacionadas:
-
A oposición trata de emendar o informe desfavorable de Intervención ao orzamento
Por Oskar Viéitez |
-
A oposición censura que o BNG pretenda gobernar con maioría "sen tela" e nega pacto algún
Por Alejandro Espiño |
-
Iniciativas sociais e de reactivación económica, eixo das emendas do PSOE ao orzamento
Por Alejandro Espiño |
-
Marea Pontevedra propón recortar en cultura e festas para crear unha renda social e transporte metropolitano
Por Oskar Viéitez |
-
O goberno local denuncia un pacto da oposición para atacar o modelo urbano e o plan de compostaxe
Por Oskar Viéitez |
-
O PP lamenta o desinterese do goberno local por acadar un acordo para aprobar os orzamentos
Por Redacción |
-
"Non" do PP ao orzamento municipal: Moreira ve "insuficientes" as cesións do BNG
Por Alejandro Espiño |
-
O PP, disposto a absterse na votación do orzamento se Lores rebaixa os impostos
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |