Greenpeace recorre ante a Audiencia Nacional a prórroga de Ence en Pontevedra
Por Oskar Viéitez
Greenpeace presentou un recurso ante a Audiencia Nacional contra a Orde do Ministerio de Medio Ambiente do 20 de xaneiro de 2016, para que Ence Enerxía e Celulosa S.A. permaneza na ría de Pontevedra outros 60 anos.
A organización ecoloxista considera que a empresa desenvolve unha actividade industrial "incompatible co dominio público e que pode ter outra localización". Por tanto, aseguran que esta concesión de prórroga entra dentro dos usos non autorizables no dominio público tal e como se establece na Lei de Costas e o Ministerio "non debía de concedela".
A orde ministerial advirte expresamente que "a zona sobre a que está previsto situar as instalacións pode ser inundable pola súa propia natureza...", o que xustificaría aínda máis a súa denegación, a xuízo de Greenpeace.
Ademais, afirman que o propio Ministerio recoñeceu que a papeleira "incumpriu os termos da concesión oitava do título concesional xa que se realizaron actividades que implican a alteración da finalidade deste título". Ante isto, sinalan desde Greenpeace que "o Ministerio non só non iniciou expediente sancionador algún nin declarou a caducidade da concesión, senón que concedeu a prórroga da concesión durante 60 anos máis".
"Prorrogar varias décadas a actividade de ENCE en Pontevedra por parte dun Goberno en funcións é máis que cuestionable e irregular. Con todo, o que non é cuestionable é que a propia administración central do Estado recoñeza que a empresa incumpriu os termos da concesión realizándose actividades diferentes ás marcadas e que a pesar diso autorice a súa actividade", declarou José Manuel Marraco, avogado de Greenpeace España.
Relacionadas:
-
Longas colas para visitar o Rainbow Warrior de Greenpeace en Vilagarcía
Por Anxo Lourido |
-
A Xunta e Ence contestan a APDR e BNG asegurando que a fábrica de Lourizán cumpre as normas ambientais
Por Oskar Viéitez |
-
A Comisión Europea advirte á Xunta que aplica unha directiva equivocada e máis permisiva coas verteduras de Ence
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
En Marea identifica a ENCE como exemplo da "política tóxica" do PP en medio ambiente
Por Redacción |
-
Ence asina un convenio coa Xunta para ser "invisible y comprometida"
Por Oskar Viéitez |
-
ENCE a Lores: "A prórroga non pode ser levada aos tribunais europeos por moito que se obstine"
Por Redacción |