Extreman a precaución para que as obras do Hospital non afecten ao teixo
Por Mónica Patxot & Oskar Viéitez
O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, acompañado do concelleiro de obras, Luís Bará, e o arquitecto municipal, Ángel Velando, acudiu este luns ata a rúa Loureiro Crespo para inspeccionar, xunto a varios membros asociación de veciños da zona, a evolución das obras de eliminación do muro de peche da fachada do Hospital Provincial.
Fronte á complexa e lenta tramitación que tivo esta reforma a obra está a avanzar agora a bo ritmo, polo que se espera que o próximo día 20 de decembro estea rematada.
A Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta fixo fincapé no coidado que se lle debe dar ao vello teixo da entrada do recinto sanitario. O plan de obra contempla a retirada do sebe que forma unha parede vexetal, unha actuación que deberá acometerse con "extremo coidado", segundo explicou Luís Bará.
O mesmo ocorre coas lousas das escaleiras de entrada do Hospital, que serán substituídas por pedra.
O Concello quere evitar o que ocorreu na avenida de Santa María onde "posiblemente a consecuencia das obras" secou o teixo do Palacete das Mendoza.
O próximo día 30 retiraranse as casetas do centro de transfusións para gañar espazo para o acceso dos vehículos e a súa manobras na entrada de Emerxencias.
Relacionadas:
-
Comeza a integración do Hospital Provincial na nova praza peonil
Por Redacción |
-
O Sergas reordenará os espazos de aparcamento no Hospital Provincial
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Morta a árbore, viva a escultura!
Por Oskar Viéitez |
-
O teixo do palacete das Mendoza está a morrer
Por Oskar Viéitez |