Carmela Silva visita proxectos e obras feitas en Cuntis coas achegas da Deputación
Por Redacción
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, acompañada polo alcalde de Cuntis, Manuel Campos, fixo este martes un percorrido a través de diversas obras e proxectos levados a cabo nesta vila a través das axudas que recibiu Cuntis por parte da institución provincial en 2016. O goberno provincial investiu este ano no concello de Cuntis un total de 730.000 euros, dos que medio millón de euros procederon do Plan Concellos.
Carmela Silva anunciou o investimento que recibirá esta vila o ano que vén a través do Plan Concellos 2017, serán un total de 534.837,62 euros o que significa 32.233,23 euros máis que este ano.
Á marxe do Plan Concellos, Cuntis recibirá o ano que vén outras axudas e subvencións, enmarcadas nas diferentes áreas de actividade da institución provincial, ás que o concello poderá concorrer.
Durante a súa visita, Carmela Silva coñeceu de primeira man o programa "Habilitas Fogar" na Biblioteca Municipal de Cuntis, un programa de integración das persoas con diversidade funcional "e por iso estou gratamente emocionada xa que os recursos da Deputación se dedican a atender as persoas e estas son as boas prácticas dun goberno que entende que as persoas están por enriba de todo ", asegurou Silva.
A continuación, a presidenta provincial achegouse ata o colexio Aurelio Marcelino Rey García, centro gañador do Festival de Telearqueoloxía da Deputación de Pontevedra na categoría Lascas e tamén visitou o proxecto de mellora de viarios e pistas polideportivas.
Relacionadas:
-
Empezan as obras de conexión do centro de día de Cuntis á rede de sumidoiros
Por Redacción |
-
O Concello de Cuntis considera "prioritaria" a reforma da rúa Castelao
Por Oskar Viéitez |
-
Posta a punto de pistas forestais e cunetas en Cuntis
Por Redacción |
-
Cuntis completa o Plan Concellos con 50.000 euros para obras e recibe un novo préstamo
Por Redacción |