Visto e prace de Costas ao polígono do Vao
Por Oskar Viéitez
O Concellode Pontevedra acaba de recibir o informe favorable da Dirección Xeral de Costas do Polígono do Vao. Con este último trámite previo para aprobar a modificación da delimitación do polígono poderá arrancar toda a tramitación de xestión e urbanística, que compete aos propietarios do polígono, antes de outorgar as licenzas pertinentes.
A pesar de toda a tramitación que queda pendente, dende os servizos urbanísticos estímase que no ano 2017 poderíase dar a licenza de construción.
O informe de Costas é favorable sobre a parte do domínimo marítimo-terrestre do polígono. Con esta aprobación, o pleno de xaneiro podería aprobar definitivamente o expediente para logo publicarse no DOG e no BOP, ademais de no rexistro de planeamento da Xunta.
Dende ese momento, e pendente dunha permuta con Estradas de Fomento para a normalización de fincas que deben facer os propietarios, poderase iniciar toda a tramitación urbanística propiamente dita para obter as licenzas oportunas.
O proceso de modificación do polígono do Vao leva varios anos de tramitación e máis dunha ducia de informes favorables, entre eles, algúns tan singulares como o da Dirección Xeral de Aviación Civil de Fomento. Este polígono estaría dividido en dous: un de 24.138 metros cadrados e outro de 5.642 metros cadrados, de uso mixto comercial.
A superficie total edificable é de 22.689,53 metros cadrados
O desenvolvemento deste polígono está contemplado no Plan Xeral de Pontevedra dende o ano 1989, pero nestas décadas foi atravesado pola autoestrada e pola estrada de Vilagarcía. Esta situación de distintos lindeiros, obrigou a unha tramitación tan complicada que con este último informe vai chegando ao seu fin.
No novo polígono fíxanse as seguintes reservas:
- Superficie de solo destinada a espazos libres e zonas verdes: 4.406,02 metros cadrados
- Superficie para equipamentos: 688,30 metros cadrados
- Superficie para dotación: 164,75 metros cadrados
- Superficie para infraestrutura de comunicación: 3.915,06 metros cadrados
- Superficie destinada a viario público: 7.085,49 metros cadrados
- O número de prazas de estacionamento é de 74 prazas.
A superficie total edificable é de 22.689,53 metros cadrados. Desta edificabilidade, o 10% correspóndelle ao Concello. Para materializala prevese unha cesión dunha parcela de 1.758 metros cadrados.
Relacionadas:
-
A Xunta autoriza a construción do polígono comercial do Vao
Por Redacción |
-
Tramitan ante Costas a construción dun aparcamento no futuro polígono do Vao
Por Alejandro Espiño |
-
O polígono do Vao, ao xulgado: unha empresa recorre a modificación urbanística que o ampara
Por Alejandro Espiño |
-
A Xunta desbloquea o desenvolvemento do Polígono do Vao
Por Oskar Viéitez |
-
O polígono comercial do Vao, pendente dun último informe da Xunta
Por Alejandro Espiño |
-
Cumio en Santiago para desbloquear a ampliación do polígono do Vao
Por Redacción |