Percorrido contrarreloxo dos tres magos por Poio
Por Oskar Viéitez
Esté é o percorrido polo municipio de Poio da Cabalgata dos Reis Magos.
A saída da carroza dos Reis Magos está prevista ás 16:00 horas rumbo á Praza da Granxa, en Campelo.
Contra as 16:30 horas deberían estar no Local Social de Lourido. Dende alí partirán ata a residencia de anciáns de Ballesol, onde esperan a súa chegada ás 17:15 horas.
Melchor, Gaspar e Baltasar irán logo a San Salvador e á Praza da Chousa, en Combarro. Será sobre ás 18:00 horas.
No Centro de Día Saraiba agardan aos Reis ás 18:15 horas. Logo irán á Praza Amalita, en Arén, a iso das 18:40 horas.
Un pouco máis tarde (18.55 horas) farán entrada no Porto de Raxó e rematarán este percorrido polo concello no colexio Isidora Riestra, ás 19:15 horas se todo vai sen contratempos.