O Nadal remata con ceos despexados e moito frío
Por Redacción
As condicións anticiclónicas mantéñense durante esta fin de semana sobre Galicia e as Rías Baixas non son unha excepción. Para esta última fin de semana do Nadal, agárdanse ceos pouco nubrados ou despexados mentres as temperaturas descenden lixeiramente, especialmente as mínimas, con xeadas xeneralizadas.
Segundo a predición de Meteogalicia, para este sábado e este domingo agárdanse mínimas de 2 graos e máximas de 18 e 17 mentres que para o luns a previsión é que as mínimas teñan un lixeiro ascenso, ata os 5 graos e que as máximas se manteñan sen cambios.
Co remate da época do Nadal tamén remata o telón de fondo de ceos despexados e sol. A partir do martes, co inicio da costa de xaneiro, debilítase lixeiramente a influencia anticiclónica o que permitirá que entren as nubes e mesmo haxa precipitacións febles máis probables no terzo norte. As temperaturas suavizaranse, con menos frío nas madrugadas.
Relacionadas:
-
Días para "quedarse pajarito"
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Choiva para estrear o ano nas Rías Baixas
Por Redacción |
-
Fría recta final do ano en Pontevedra
Por Redacción |
-
O anticiclón porá un peche solleiro á última semana de 2016
Por Redacción |
-
As chuvias regresan o xoves para permanecer durante a celebración do Nadal
Por Redacción |
-
Semana festiva, asollada e cunha calor pouco frecuente en decembro
Por Redacción |