Interésache xestionar o Local de Música de Pontevedra?
Por Redacción
O Diario Oficial de Galicia deste lunes 16 publica o anuncio de licitación do contrato do servizo de mantemento e xestión do local de música de Pontevedra.
Se a vostede lle interesa facerse co mantemento e xestión do local por catro anos máis dous de prórroga, pode concorrer a este procedemento aberto que ten un valor estimado: 465.019,32 euros, IVE excluído.
Para a adxudicación terase en conta o proxecto técnico e tamén o prezo e a experiencia e formación do persoal.
O Local de Música atópase nas inmediacións da estación de tren. Medio cento de grupos empregan este servicio de xeito habitual.