Actuación de "urxencia" en Ponte Sampaio, á espera do novo campo de fútbol
Por Alejandro Espiño
Case 9.000 euros investirá o Concello de Pontevedra nunha actuación no campo de fútbol de Ponte Sampaio. Trátase de traballos de reparación, mantemento e limpeza que permitirán resolver as deficiencias máis urxentes, á espera da rehabilitación integral ou a construción dunhas novas instalacións deportivas.
Así, os novos vestiarios do campo de fútbol terán que esperar a que se poida executar o novo campo, xa que obrigaría a elevar o terreo de xogo cun recheo de area duns 10.000 metros cúbicos que o actual permiso de Costas non autoriza.
Raimundo González explicou que o "pacto" alcanzado co usuario do campo, o Unión Sampayo CF, inclúe a realización destas obras que "non chocan" co proxecto do novo campo, pero que mellorarán as instalacións actuais.
Executaranse este mes de febreiro, unha vez sexan contratadas polo goberno municipal.
Entre os traballos pactados atópase a elevación das duchas, o pintado dos vestiarios, a reparación e o revestimento do baño, a mellora da drenaxe ou a instalación de dous novos focos na torreta de iluminación.
Ademais, o edil do BNG volveu a reclamar a Costas que acelere os trámites para proceder á desafectación do campo de Ponte Sampaio, para poder executar a necesaria rehabilitación integral.
Relacionadas:
-
Os deteriorados vestiarios do campo de Ponte Sampaio serán renovados
Por Alejandro Espiño |
-
O PP lamenta o "tempo perdido" en Ponte Sampaio pola "desidia" do goberno local
Por Redacción |
-
O fútbol base de Ponte Sampaio pide "clemencia" ante o lamentable estado de abandono dos seus vestiarios
Por Redacción |