María Jesús Álvarez dirixirá o novo servizo de Cirurxía Plástica de Quirónsalud Miguel Domínguez
Por Redacción
O Hospital Quirónsalud Miguel Domínguez incorporou a María Jesús Álvarez, cirurxiá plástica con máis de 20 anos de experiencia, para dirixir o novo servizo de Cirurxía Plástica, Reparadora e Estética nunha contorna intrahospitalaria que proporciona maior seguridade aos pacientes.
O novo servizo ofrecerá aos pacientes unha atención especializada e individualizada mediante un asesor persoal que lle acompañará en todo o proceso desde o preoperatorio ata a súa total recuperación. Ademais, realizarase seguimento ao paciente despois de recibir o alta hospitalaria así como as revisións e controis necesarios.
O Hospital Quironsalud Miguel Domínguez amplía así a prestación de tratamentos de cirurxía plástica, tanto reparadora como estética, nos que se ofrecerá o máis adecuado, en función das condicións de cada paciente, sempre dentro da práctica médica avalada polas sociedades científicas.
A cirurxía plástica reparadora ocúpase as enfermidades, malformacións congénitas, traumatismos e problemas adquiridos ao longo da vida. "Mediante técnicas específicas e tratamentos individualizados imos axudar a recuperar a calidade de vida de pacientes que superasen un cancro, unha enfermidade tumoral ou un accidente con secuelas visibles" explica a doutora Álvarez.
"Tamén realizaremos técnicas minimamente invasivas para actuar sobre o envellecemento facial ou corporal, tratamentos cos que o paciente recibirá a alta no mesmo día" sinalou María Jesús Álvarez.
Relacionadas:
-
Deter o reloxo, consellos para un cambio de imaxe
Por Noticia patrocinada |
-
Quirónsalud incorpora á Doutora Virginia Archanco e pon en marcha unha Unidade de Medicina Estética
Por Redacción |
-
Novo servizo de Pediatría no Quirónsalud Miguel Domínguez cos doutores Ramiro Blanco e Mónica Camaño
Por Redacción |
-
Os centros sanitarios de Quirónsalud Pontevedra implantan a súa nova imaxe corporativa
Por Redacción |
-
O doutor Emilio Rodríguez Sáez dirixirá a Unidade de soño e neurofisioloxía clínica do Hospital Quirónsalud Miguel Domínguez
Por Redacción |
-
O Instituto de Neuro-rehabilitación Quirónsalud Pontevedra conta co único Lokomat adaptado para pediatría de Galicia
Por Redacción |