Kiko Fraiz, pai biolóxico e adoptante, expón unha realidade: o proceso dunha adopción internacional é tan complexo e prolongado que se evidencia un detrimento desta opción para ser pais e por contra un aumento da maternidade subrogada. Por tanto, considera que "é unha realidade que necesita ser regulada".
Raquel Alfonsín é copropietaria de "Health and life", unha empresa que xestiona o achegamento entre parellas homosexuais e heterosexuais con clínicas estranxeiras onde si se permite a maternidade subrogada. Nestas Conversas na Ferrería de PontevedraViva Radioexplica que ante a alegalidade española "a situación legal do bebé xestiónase no consulado correspondente e este chega co seu pai biolóxico a España, onde a outra parte da parella adóptao".
Tanto o xinecólogo José Manuel Viñas, como a representante da Rede Galega de Igualdade, Carmen Cajide, son radicalmente contrarios á maternidade subrogada. Cajide considera que convirte á muller en "vasillas ou colectores e é unha forma máis de violencia machista", ademais consideran que os "ventres de aluguer" están inexorablemente vinculados coa pobreza. O especialista engade que "é algo deningrante para a muller, parecido á prostitución. Aquí só hai diñeiro e non é equiparable a unha reprodución asistida".
Con todo, Diana Marre, antropóloga social e unha experta internacional en reprodución, adopción e subrogación considera que tanto adopcións, como reproducións asistidas e subrogacións son "un conxunto de maternidades ou parternidades con terceiras partes". Está a favor que a maternidade subrogada adquira legalidade porque o "limbo actual non beneficia a ningunha das partes, nin adultos nin menores".
Fronte aos criterios de "explotación entre a pobreza" que se esgrimen contra a maternidade subrogada, Marre manexa datos contundentes sobre outras opcións de maternidade/paternidade.
España é o primeiro provedor de óvulos de Europa: preto do 56% dos tratamentos de "doazón" de óvulos que se realizan neste marco comunitario, son en territorio español. A compensación que se recibe por esa "doazón" é duns 900 euros por óvulo. En Estados Unidos e algúns países de Sudáfrica oscila entre os 10.000 e 15.000 dólares. En 2016 a reprodución asistida supuxo en España 560 millóns de euros.