Denuncian roubos en polo menos 10 garaxes de toda a cidade nunha mesma noite
Por Natalia Puga
Os propietarios de vehículos aparcados en garaxes das rúas Médico Ballina, Ponte Boleira, Gorgullón, Eduardo Pondal e Portugal e Italia, no barrio de Monte Porreiro, denunciaron nos dous últimos días na Comisaría Provincial que foron vítimas de danos e roubos nos seus vehículos. Hai contabilizados polo menos 10 garaxes afectados, todos eles durante a madrugada do sábado ao domingo.
Fontes da Comisaría Provincial confirmaron que nos últimos días recibiron denuncias de donos de coches aparcados en dez garaxes, aínda que non se puido pechar aínda o número total de afectados. Un dos que si denunciou, que tiña o coche aparcado na rúa Médico Ballina, explica que no seu garaxe tan só accederon ao seu vehículo, pero noutros edificios si han constancia de varios coches afectados.
En O Gorgullón, Eduardo Pondal e os dous garaxes afectados en Médico Ballina tan só hai un coche danado en cada un, pero en Ponte Boleira hai polo menos dous e noutras zonas como Monte Porreiro hai bastantes vehículos en cada un. E faltan denuncias por recibirse na Comisaría.
En todos os garaxes hai polo menos un coche afectado ao que o ladrón ou ladróns accedeu tras romper o portelo dianteiro. Unha vez dentro do coche, en todos os casos deixou o interior revolto, pero o tipo de botín recadado é moi dispar, desde diñeiro en metálico a ferramentas ou lentes.
No caso deste veciño de Monte Porreiro, "rompieron la ventanilla, lo revolvieron todo y no se llevaron nada de valor". De feito, tan só lle roubaron resguardos da Primitiva que xa sabe que non estaban premiados e algúns cartóns das habitualmente usadas para comprar gasolina. No coche había outros obxectos de valor, pero quedaron no lugar, de modo que este veciño sospeita que alguén puido entrar no garaxe no momento en que o ladrón ou ladróns empezaban a actuar e motivou que se fosen de forma apresurada.
De momento, segundo as informacións que transcenderon, non apareceron testemuñas que presenciasen ningún dos roubos, pero a Policía Científica acudiu xa aos garaxes afectados para recoller probas e confíase en poder resolver os delitos.
Os roubos producíronse ao longo da madrugada, pero descoñécese a que hora, pois os afectados non se decataron ata que o domingo pola mañá acudiron a recoller os seus coches e atopáronos cos portelos rotos.