A Parda cambiará todos os seus puntos de luz por LED
Por Redacción
O barrio da Parda contará moi pronto cunha iluminación totalmente renovada. O Concello ordenou cambiar todos os puntos de luz desta zona da cidade por iluminación LED para mellorar a eficiencia enerxética e aforrar no consumo de electricidade.
A empresa Setga será a encargada de realizar a obra por 59.000 euros. Os traballos estarán rematados, segundo as previsións municipais, a finais de mes.
O propósito é cambiar as luminarias da rúa Xoán Carlos I, Maruxa Mallo, Gaiteiro Ricardo Portela, Diego Sarmiento Acuña, Abundancia e rúa Camposanto, é dicir, todas as rúas situadas entre Xoán Carlos I e o cemiterio.
Nestas rúas substituirase todas as luminarias por luces LED e tamén se pintarán os báculos da rúa Xoán Carlos I.