A Semana Santa en Bueu tamén será gastronómica
Por Redacción
A hostalería de Bueu vivirá este ano unha particular Semana Santa. Entre os días 10 e 16 de abril, os bares e restaurantes da vila participarán nunha semana gastronómica na que se incluirán tapas, pratos e cócteles con alcohol e sen alcohol.
O obxectivo desta iniciativa é dinamizar a hostalaría local coincidindo desta volta cunha época na que o turismo se incrementa notablemente na vila.
Os locais de Bueu que estean interesados en participar deben comunicalo a través do correo electrónico silvia@concellodebueu.org ou chamando ao teléfono 986 39 00 29, con data límite o 29 de marzo.
Os custes da tapa será de dous euros, o prato estará a seis euros, o cóctel sen alcohol a tres euros e o cóctel con alcohol a catro.
Esta actividade leva organizándose desde xa hai varios anos como unha fórmula para dinamizar a hostalaría local e ofrecer unha alternativa de ocio moi vinculada aos eventos culturais e deportivos.
Así, as últimas edicións tiveron lugar en febreiro e durante o Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu (FICBUEU).