O Grove busca persoal para dezasete postos de traballo
Por Redacción
O Concello do Grove contratará a 17 persoas desempregadas a través do Servicio Público de Emprego, en xornada completa e cunha duración de 6 meses.
Trátase duns contratos que se farán ao abeiro do Plan Concellos 2017 e correspondentes á liña 3 deste programa, destinada ao emprego para conservación e funcionamento de bens e servizos municipais.
A data de inicio do contrato será 1 de maio e a finalización o 30 de outubro deste mesmo ano.
As persoas interesadas en participar no proceso de selección deben estar inscritas como demandantes de emprego na ocupación de peón de obras públicas e estar en posesión do carné de conducir B.
O prazo de inscricións remata o 12 de abril do 2017.