Tres días de loito en Poio: "O noso pensamento neste momento tan tráxico está cos familiares e amigos"
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot & Natalia Puga
Creada e actualizada
Creada e actualizada
Dous dos tres falecidos no naufraxio do Nuevo Marcos entre Tambo e Combarro eran pais dos dous sobreviventes que apareceron na praia e sobre unha batea.
Tanto os dous pais como os dous fillos e o patrón, último en ser localizado, son veciños da parroquia de Campelo. "É unha desgracia para o Concello e, sobre todo, para as familias", lamentou o alcalde, Luciano Sobral, que tamén revelou que ofreceron axuda ás familias das vítimas do naufraxio.
Segundo informou o 112, un equipo do Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE) atendeu aos familiares dos mariñeiros.
Nun pleno extraordinario celebrado ás 13.30 horas, o Concello de Poio decretou tres días de loito oficial polo naufraxio do "Nuevo Marcos". En sinal de dor suspendéronse todos os actos lúdicos e deportivos previstos para o 1 de maio e arriáronse as bandeiras a media asta.
O alcalde de Poio, Luciano Sobral, que é veciño de Campelo do mesmo xeito que os cinco tripulantes do barco, leu un manifesto de apoio ás familias dos falecidos ás que trasladou a "dor" de toda a cidadanía e o seu "profundo e máis sentido pésame".
Luciano Sobral reflexionou sobre a "tristura" que significa para a xente do mar "atopar o fin da súa vida ao lado da casa" e lembrou que os falecidos eran "xente experimentada que levaba anos faenando" polo que lle resulta "difícil de explicar" como chocaron contra unha batea de mexillón que coñecían sobradamente.
O alcalde dirixiu unhas palabras de alento ás nais e esposas dos falecidos ás que ofreceu "todo o apoio institucional e persoal de cada un de nós".
Igualmente a tenente de alcalde e portavoz socialista, Chelo Besada, referiuse a este naufraxio como "unha traxedia sen precedentes no noso municipio" e púxose a disposición das familias afectadas.
Pola súa banda o portavoz popular, Ángel Moldes, indicou que os falecidos eran "fillos da ría" cos que "todos sentimonos identificados" nun pequeno concello como é Poio. A concelleira non adscrita, Silvia Díaz, resumiu o sentir de toda a corporación ao engadir que "o noso pensamento neste momento tan tráxico está cos familiares e amigos".
CONDOLENCIAS DA PRESIDENTA DA DEPUTACIÓN
A Presidenta da Deputación, Carmela Silva, expresaba a súa dor e as condolencias da corporación provincial de Pontevedra ao coñecer o naufraxio do pesqueiro 'Nuevo Marcos' con base en Combarro.
Silva chamou a primeira hora da mañá ao alcalde de Poio, Luciano Sobral, para coñecer de primeira man o suceso e trasladou ao rexidor o ofrecimento da institución provincial para calquera necesidade. A presidenta transmitiu a Sobral as súas condolencias para as familias dos mariñeiros falecidos.
EL PARLAMENTO DE GALICIA GUARDA UN MINUTO DE SILENCIO
En el Parlamento gallego, al inicio de la sesión de este miércoles en el Pazo do Hórreo, los diputados se han puesto de pie para guardar un minuto de silencio por las víctimas de este naufragio ocurrido en la Ría de Pontevedra y en solidaridad con las familias.
Además, la portavoz nacional del BNG, Ana Pontón, inició su intervención en el Parlamento gallego con unas palabras de aliento de todas las personas afectadas por este "fatal accidente".
O PARLAMENTO DE GALICIA GARDA UN MINUTO DE SILENCIO
No Parlamento galego, ao comezo da sesión deste mércores no Pazo do Hórreo, os deputados puxéronse de pé para gardar un minuto de silencio polas vítimas deste naufraxio ocorrido na Ría de Pontevedra e en solidariedade coas familias.
Ademais, a portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, iniciou a súa intervención no Parlamento galego cunhas palabras de alento de todas as persoas afectadas por este "fatal accidente".
Relacionadas:
-
A falta de balizas dun polígono de bateas "contribuíu obxectivamente" ao naufraxio do Nuevo Marcos
Por Natalia Puga |
-
Denuncian que o "colapso" do 112 afectou á xestión do naufraxio do Nuevo Marcos
Por Redacción | Creada e actualizada
-
Poio retoma a súa axenda oficial tras os tres días de loito
Por Oskar Viéitez |
-
O "Nuevo Marcos" xa foi reflotado a Combarro
Por Oskar Viéitez |
-
VIDEO.- Naufraxio á porta da casa
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
Xabier Aboi, da CIG-Mar, reclama máis medidas de seguridade para evitar estes accidentes mortais na ría
Por Anxo Lourido | Creada e actualizada
-
Tres mariñeiros falecidos no naufraxio dun barco entre Tambo e Combarro
Por Natalia Puga & Oskar Viéitez & Mónica Patxot | Creada e actualizada