Este martes comeza a reforma do campo de herba sintética da Xunqueira
Por Oskar Viéitez
O Concello de Pontevedra inicia este martes os primeiros traballos para a renovación do campo de herba sintética da Xunqueira. É un proxecto que ten un custe de 272.243,14 euros, adxudicado á empresa Mecano Sport, que estivo agardando ata o mes de maio para iniciar os traballos.
O contrato foi adxudicado a finais de outubro do ano pasado, pero a Concellaría de Deportes negociou coa empresa para que os traballos comezasen nesta primavera e intentar non interferir no xogo dos equipos que a diario empregan estas instalacións municipais, especialmente, para que non afectase ás competicións oficiais.
Sen poder agardar máis por compromisos da empresa, a Concellaría de Deportes arranca este martes a obra logo de manter contactos cos equipos que teñen competición oficial nestas instalacións. A reforma ten un prazo de execución duns dous meses.
Os traballos que se farán son:
- Retirada a capa de céspede artificial comprobarase o estado da superficie e procederase á regularización e posterior compactación para reparar as zonas danadas e eliminar posibles irregularidades nas pendentes.
- Construirase unha beirarrúa perimetral ao campo de fútbol.
- Mellorarase a drenaxe do campo.
- Instalarase unha base elástica prefabricada de tres capas.
- Instalación de céspede artificial de última xeración testado en laboratorio conforme aos criterios FIFA Quilite. Incluirase nesta actuación a marcaxe do campo de fútbol 11 e de dous campos de fútbol 7 cumprindo coa regulamentación RFEF.
- O campo será obxecto de homologación, con cargo ao contratista, pola FI co nivel FIFA Quality.
- Instalarase unha nova varanda perimetral.
- Substituiranse as porterías de fútbol 11 e colocaranse catro novos bandeiriñas de córner.
As melloras que ofertou a empresa para esta obra son:
- Incremento do prazo de garantía a 9 anos (na licitación era de 1 ano)
- Mantemento anual do sistema do céspede é por 12 anos (a licitación era dun ano)
- Mellora o grosor e o peso da fibra
- Subministra un xogo de banquillo
- Dous xogos de portería fútbol 7
- Dous canóns de rego
- Iluminación da bancada.
O campo municipal de herba sintética A Xunqueira foi o primeiro de herba sintética que houbo na cidade e a día de hoxe ten practicamente esgotada a súa vida útil. É do ano 1999 e foi obxecto dunha primeira renovación no 2005.
Relacionadas:
-
O campo de fútbol da Xunqueira, a punto
Por Redacción |
-
Inspectores da FIFA acudirán ao campo da Xunqueira para certificar o novo céspede
Por Oskar Viéitez |
-
Sacan a licitación a construción do novo campo de futbol de Xeve
Por Redacción |
-
O PP di que a renovación da herba sintética da Xunqueira tiña que estar rematada hai case un ano
Por Oskar Viéitez |
-
A empresa Mecano Sport garantirá o mantemento da herba sintética da Xunqueira durante máis dunha década
Por Oskar Viéitez |
-
Nove empresas optan ao contrato para renovar o céspede sintético da Xunqueira
Por Redacción |
-
O PP insta o Concello a licitar o servizo de bar no campo de fútbol da Xunqueira
Por Diego Espiño |