Diego Murillo deixa a presidencia de A.M.A., tras máis de 20 anos no cargo
Por Redacción
A.M.A., a Mutua dos Profesionais Sanitario, obtivo en 2016 un beneficio bruto de 20,3 millóns de euros, mentres que os netos ascenderon a 15,5 millóns de euros, mellorando esta resultada fronte ao do exercicio anterior. Trátase do quinto ano consecutivo en que A.M.A. mantén un crecemento sostido por riba dos 20 millóns de euros.
Durante a asemblea xeral que celebraba A.M.A. na sede central en Madrid, Diego Murillo anunciaba que deixa a presidencia do Consello de Administración, despois de asumir durante máis de 20 anos este cargo. Durante o seu mandato, A.M.A. logrou as máximas cotas de solvencia e recoñecemento social.
O médico pontevedrés indicaba que foi unha decisión moi meditada nos últimos meses. "Deixo o cargo e dou a substitución a un novo equipo con experiencia, con novas ideas, con novos proxectos e convencido do seu bo labor no futuro", afirmou Murillo.
A asemblea aprobou tamén a renovación e o nomeamento de novos conselleiros. Entre os que renovan os seus cargos atópase o doutor pontevedrés Luís Campos Villarino.
A mutua dos profesionais sanitarios conta con 650.000 asegurados, 625 empregados, case cen edificios en propiedade e as reservas técnicas perfectamente cubertas. O total do activo a finais de 2016, a valor de mercado, foi de 420, 4 millóns de euros.
Ademais, dentro do balance de 2016, a Mutua incrementou un 2,8% o número de pólizas, sendo a carteira de Automóbil a que ocupa máis do 50% do total, seguida por Ramos Diversos, cun 32% e por Responsabilidade Civil, cun 13%. Decesos, que comezou a comercializarse hai pouco tempo, conseguiu un notable crecemento, segundo os datos de A.M.A.
Diego Murillo destacou tamén no informe anual que aumentou a carteira en Responsabilidade Civil Profesional un seguro que, segundo destacou, "non foi creado só para defender aos nosos compañeiros, senón tamén para dignificar a profesión sanitaria, sobre todo cando somos inxustamente tratados por actuacións profesionais".
Na súa despedida do cargo, Murillo indicou que se constituíu A.M.A. Vida Seguros e Reaseguros, S.A., en 2016. Conta cun capital social de 9 millóns de euros e xa se atopa tramitada a concesión da licenza correspondente na Dirección Xeral de Seguros e que nun prazo moi curto, poderíase dispoñer da resolución favorable da Secretaría de Estado de Economía para operar neste sector.
Relacionadas:
-
Diego Murillo, presidente da Fundación A.M.A., recibe a homenaxe de Galicia-Sexta Provincia
Por Redacción |
-
Diego Murillo, presidente da Fundación A.M.A., recibe a Medalla de Honra da Real Academia de Medicina
Por Redacción |
-
Diego Murillo, Medalla de Ouro do Colexio de Médicos de Cuenca
Por Redacción |
-
Luis Campos Villarino, novo presidente de A.M.A.
Por Redacción |
-
A Organización Médica Colexial concede a Diego Murillo a súa medalla de ouro e noméao colexiado de honra
Por Redacción |
-
A.M.A. sitúa o seu seguro de automóbil como o segundo mellor valorado do sector
Por Noticia patrocinada |