Os estudantes do campus contarán cun servizo para mediar en conflitos que non sexan co profesorado
Por Redacción
Un grupo de voluntarios, estudantes e egresados que participaron nun curso de especialistas en mediación (Cema), van a desenvolver un servizo de mediación para estudiantes.
Trátase dunha actividade dirixida a axudar de forma gratuíta, a aqueles alumnos que poidan ter un conflito nun grupo de traballo, cos compañeiros de piso ou con calquera outra persoa, a excepción de co profesorado.
Este servizo pretende guiar os afectados para que poidan chegar a un acordo voluntariamente, segundo publica o DUVI. A codirectora Francisca Fariña é unha das promotoras desta iniciativa que, ademais incorporouse á xunta directiva da Conferencia Universitaria para o Estudo da Mediación e o Conflito (Cuemyc), que en xuño de 2018 celebrará o seu congreso en Pontevedra.
O grupo estará formado por dez estudantes de diferentes edicións do Cema, contará cun horario de atención ao público durante as mañás dos mércores e se poderán concertar citas no correo mediando@uvigo.es. O proxecto arranca a partir destes meses de xuño e xullo e a idea é que dous ex-alumnos realicen as mediacións.