A catedrática Francisca Fariña, premiada pola International Society for Therapeutic Jurisprudence
Por Redacción
Francisca Fariña, catedrática de Psicoloxía Xurídica do Menor no campus de Pontevedra, da Universidade de Vigo, logrou o premio Wexler/Winick que concede a International Society for Therapeutic Jurisprudence.
O galardón recoñece o traballo da profesora da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte á fronte da Asociación Iberoamericana de Xustiza Terapéutica (AIJT), unha organización da que a catedrática premiada foi fundadora, ademais de exercer o cargo de presidenta.
Fariña desenvolve un importante traballo como analista das consecuencias que o sistema legal ten en relación coas persoas e propón cambios nas normativas para humanizar as leis e o seu posterior aplicación, sempre desde unha óptica terapéutica.
A profesora premiada, en declaracións ao DUVI, sinala que este recoñecemento é unha honra que non se agardaba e que supón unha meirande presión para seguir impulsando a xustiza terapéutica tanto en España como noutros países.