Propoñen incluír as Illas Atlánticas na listaxe de zonas húmidas de importancia internacional Ramsar
Por Redacción
A Xunta de Galicia propuxo a inclusión do Parque Nacional das Illas Atlánticas na lista de zonas húmidas de importancia internacional Ramsar co obxectivo de impulsar a súa protección e conservación. A Consellería de Medio Ambiente considera que o parque cumpre con sete dos nove cirterios que establece o Convenio Ramsar para ser considerado zona húmida de interese internacional.
Desde a Xunta entenden que o espazo natural, formado por catro arquipélagos, conforma unha excelente representación das zonas húmidas mariñas e costeiras do litoral atlántico ibérico e destaca a existencia dunha ampla rede de covas mariñas e a presenza de importantes colonias de cría de gaivota patiamarilla e corvo mariño moruño, que superan os 20.000 individuos.
Sinalan tamén que as augas mariñas do Parque Nacional das Illas Atlánticas albergan unha diversidade de especies de peces. Desta forma, segundo a Xunta, cúmprense seis dos nove criterios que establece o Convenio Ramsar para formar parte desta lista e pode obter esta distinción na que tamén cobra especial importancia o patrimonio histórico e cultural, con asentamentos prehistóricos ligados ao mar.