A Policía Local de Sanxenxo crea unha brigada para mellorar a seguridade na movida nocturna
Por Oskar Viéitez
Nas últimas semanas, o alcalde de Sanxenxo, Telmo Martín, estivo acordando cos sindicatos, co persoal da Policía Local e co inspector xefe unha serie de cambios organizativos destinados a mellorar a seguridade cidadá, especialmente os problemas asociados ao lecer nocturno.
Entre os cambios que acordaron destaca a creación dunha brigada de policías locais que reforzasen a seguridade nas zonas de lecer nocturno. Estará formada por 15 axentes en quendas de 5 policías.
Ademas modificouse o horario das quendas para que haxa maior presenza da Policía cando finaliza o lecer nocturno. Antes a quenda comprendía entre as 23 e as 7 da mañá e agora atrásase unha hora, desde as 24 ás 8 horas.
Ata agora había cinco axentes destinados en labores administrativos, pero coa nova organización tres deles deixarán estas funcións, que asumirá o persoal administrativo do Concello, e incorporaranse a reforzar a vixilancia na rúa.
O coche de atestados estará estacionado permanentemente na praza dos Barcos cun dobre obxectivo, por unha banda facilitar a presentación de denuncias dos cidadáns e por outro disuadir posibles alborotos ou desordes.
Finalmente vanse a contratar 10 auxiliares de policía máis que sumados aos 24 que xa se contrataron dan unha cifra de 34 auxiliares, o dobre dos que houbo o pasado verán.
Con estas medidas, e outras que teñen un carácter máis reservado, o goberno considera que se poderá mellorar a seguridade cidadá e evitar os episodios que viñan producindo nos últimos tempos.
En calquera caso, Telmo Martín xa avanzou que para seguir mellorando a seguridade, que debe ser sempre a prioridade dun Concello que vive do turismo, necesítanse máis medios e recursos humanos que o goberno incluirá no orzamento de 2018.
Relacionadas:
-
Denuncian 32 persoas na primeira quincena de xullo por ouriñar na rúa en Sanxenxo
Por Redacción |
-
Ana Ortiz recibe os 'guardinhas' que patrullarán este verán en Baiona e Sanxenxo
Por Redacción |
-
A provincia blíndase para garantir un turismo seguro
Por Natalia Puga |
-
Vanessa Rodríguez sinala a Telmo Martín como a orixe do problema de seguridade na movida nocturna no porto
Por Oskar Viéitez |
-
O Goberno cobre o 100% do persoal do posto da Garda Civil en Sanxenxo
Por Oskar Viéitez |
-
Telmo Martín garante maior seguridade no porto deportivo de Sanxenxo
Por Redacción |