O PSOE pide información ao Concello sobre o plan de compostaxe
Por Oskar Viéitez
O grupo municipal do Partido Socialista solicitou por escrito ao goberno local do Concello de Pontevedra o acceso á documentación do plan de compostaxe, "para poder analizala" e que convoque a comisión específica para tratar o asunto.
Desde o PSOE aseguran que "somos partidarios da recollida selectiva e da aplicación de métodos de compostaxe alí onde sexa posible", pero puntualiza que "tamén somos partidarios de facelo en base a estudos rigorosos que nos indiquen a folla de ruta a seguir non a golpe da ocorrencia do concelleiro de quenda".
Para o Partido Socialista o sistema de compostaxe "é a crónica dunha chapuza moi ben publicitada" e lembra que levan un ano esperando a que polo goberno do BNG se lles informe da folla de ruta e faciliten os estudos e informes necesarios para a súa implantación como un plan de viabilidade, un estudo económico-financeiro sobre os custos da implantación da compostaxe e a súa repercusión no recibo do lixo, o destino final da compost unha vez consolidado o sistema en todo o municipio, os custos laborais actuais e de futuro ou o destino dos terreos alugados na Canicouva.
Ademais piden datos "fiables" sobre o número de toneladas compostadas, a cantidade de compost elaborado ou a certificación da calidade do mesmo por organismo competente.
Relacionadas:
-
O PP pide ao goberno de Carmela Silva que renda contas pola compostaxe
Por Oskar Viéitez |
-
Saen a contratación obras en Cerponzóns e Ponte Muíños e adxudican a Naturgalia as 32 bases dos centros de compostaxe
Por Oskar Viéitez |
-
O Concello oficializa a terceira prórroga do contrato do lixo
Por Natalia Puga |
-
Colas para recoller plantas e compost na Ferrería
Por Redacción |
-
240.000 euros para os centros de compostaxe comunitaria de Monte Porreiro e Campolongo
Por Redacción |