A cidade de Pontevedra, por debaixo dos 6.000 parados por vez primeira desde 2009
Por Redacción
Creada e actualizada
Creada e actualizada
O emprego estacional e o repunte na actividade turística, que este verán está a alcanzar cifras de récord, motivou que a provincia de Pontevedra liderase durante o mes de xullo o descenso do paro en Galicia e no conxunto de España. Tamén son notables os datos na capital da provincia. A Boa Vila descendeu por debaixo da barreira dos 6.000 parados. A 31 de xullo de 2016, hai 5.860 desempregados na cidade.
Son 238 parados menos que en xuño, o que equivale a unha redución do 3,90% con respecto ao mes anterior.
O descenso foi xeralizado en toda a provincia de Pontevedra, con caídas no desemprego máis acusadas nos concellos con maior presión turística como os das comarcas do Salnés e Pontevedra.
Xuño | Xullo | Variación | |
Pontevedra | 6.098 | 5.860 | -238 |
Barro | 287 | 281 | -6 |
Bueu | 824 | 722 | -102 |
Caldas de Reis | 796 | 754 | -42 |
Cambados | 1.058 | 956 | -102 |
Campo Lameiro | 153 | 140 | -13 |
Cerdedo-Cotobade | 413 | 370 | -43 |
Cuntis | 355 | 331 | -24 |
O Grove | 658 | 592 | -66 |
A Illa de Arousa | 311 | 275 | -36 |
A Lama | 183 | 176 | -7 |
Marín | 1.762 | 1.656 | -106 |
Meaño | 339 | 285 | -54 |
Meis | 344 | 336 | -8 |
Moraña | 381 | 375 | -6 |
Poio | 1.118 | 1.007 | -111 |
Ponte Caldelas | 558 | 516 | -38 |
Portas | 218 | 197 | -21 |
Ribadumia | 320 | 302 | -28 |
Sanxenxo | 879 | 727 | -152 |
Vilaboa | 420 | 425 | 5 |
Vilagarcía de Arousa | 3.741 | 3.610 | -131 |
Vilanova de Arousa | 847 | 796 | -51 |
Na comunidade, o o desemprego diminuíu no último mes en 7.794 persoas, das que 3.004 conseguiron emprego en Pontevedra, a cifra máis alta, seguida dos 2.796 da Coruña. A nivel estatal, foi a segunda provincia con máis baixada, só superada por Cádiz, con 3.375.
O informe da evolución do paro rexistrado do Servizo Público de Emprego Estatal reflicte que na provincia había ao 31 de xullo deste 2017 un total de 71.650 persoas demandantes de emprego, un 4,02% menos que un mes antes e un 7,66% menos que un ano antes. En concreto, nun ano, reducíronse en 5.946 persoas as estatísticas de rexistrados nas oficinas públicas de emprego.
A nivel estatal, o número de parados rexistrados baixou en 26.887 desempregados respecto ao mes anterior, ata os 3.335.924 demandantes de emprego, o seu nivel máis baixo do últimos oito anos. Galicia foi a comunidade líder no descenso no conxunto de España, onde se reduciu o desemprego en doce comunidades.
Relacionadas:
-
O paro baixa en xuño en 3.341 persoas na provincia, un descenso maior á media galega
Por Redacción |
-
O fin do verán eleva os parados en Pontevedra de novo por enriba das 6.000 persoas
Por Oskar Viéitez | Creada e actualizada
-
26 persoas sumáronse en agosto ás listas do paro na cidade de Pontevedra
Por Oskar Viéitez | Creada e actualizada
-
Pontevedra sobe no ránking das cidades galegas con menos paro e ocupa o terceiro posto
Por Redacción |
-
Case 400 persoas abandonan as listas do paro en Pontevedra durante o mes de xuño
Por Oskar Viéitez | Creada e actualizada