Morre un home de 74 anos tras envorcar o seu tractor en Caldas de Reis
Por Alejandro Espiño
Un home de 74 anos de idade faleceu esta tarde en Saiar (Caldas de Reis) tras quedar atrapado debaixo do tractor que conducía, despois de que o vehículo envorcase.
Segundo explicaron fontes de Protección Civil de Caldas, o accidente produciuse ás sete e media da tarde no lugar da Igrexa.
A vítima atopábase realizando tarefas de roza e limpeza nunha leira e, tras calcular mal unha manobra, o tractor envorcou nun pequeno desnivel. O home quedou debaixo.
A Garda Civil confirmou que o home era o único ocupante do tractor.
Ata o lugar desprazáronse os Bombeiros do Salnés, a Garda Civil, Policía Local de Caldas, Protección Civil e dúas ambulancias do 061, unha asistencial e outra medicalizada, así como persoal do PAC de Caldas.
O home foi liberado coa axuda dunha pluma guindastre.
A pesar dos esforzos do persoal sanitario por reanimalo, nada puideron facer para salvar a vida da vítima, que faleceu pouco despois.
Relacionadas:
-
Unha muller queda atrapada baixo un muro cando manexaba un tractor en Portas
Por Redacción |
-
Un tractor queda calcinado e o seu condutor sofre queimaduras leves nun accidente en Portas
Por Redacción |
-
Sae ileso dun accidente co seu tractor tras caer ao chan e rodar costa abaixo
Por Redacción |
-
Un home de 83 anos falece esmagado polo seu tractor en Portas
Por Redacción | Creada e actualizada