A Policía Nacional localiza tres menores fuxidos dun centro durante as Festas da Peregrina
Por Redacción
A Policía Nacional de Pontevedra, do mesmo xeito que a Policía Local, estableceu durante as pasadas Festas da Peregrina un dispositivo de prevención para garantir a seguridade cidadá. Terminados os festexos, fai balance e acaban de saír á luz datos como que os axentes localizaron a tres menores que se fuxiron dun centro público da localidade. Tras atopalos, devolvéronos ao seu centro.
Segundo informou a Policía Nacional, o dispositivo desenvolveuse sen incidencias relevantes a pesar da gran afluencia de público rexistrada.
Durante o tempo que durou este operativo, os axentes do Grupo Operativo de Resposta (GOR) da Policía Nacional identificou a 404 persoas e realizou controis a 21 vehículos.
Ademais, levantaron dúas actas de infracción a persoas por tenencia e posesión sustancias estupefacientes, sete actas por tenencia/porte armas e dúas por desobediencia a axentes da autoridade.
A Policía Nacional tamén detivo unha persoa por infracción á Lei de Estranxeiría e a dúas persoas máis porque tiñan en vigor unha reclamación xudicial de detención por diversos motivos. Todos eles foron postos a disposición xudicial.
Relacionadas:
-
A Policía Local retira 1.262 pezas de roupa falsificadas á venda nas Festas da Peregrina
Por Redacción |
-
Un detido no macro control policial despregado durante as noites de peñas en Pontevedra
Por Redacción |
-
Deteñen un mozo por tráfico de marihuana no recinto nas Festas da Peregrina
Por Redacción |
-
Os GOR da Policía Nacional despregan controis especiais de seguridade de madrugada nos accesos á cidade
Por Redacción |