Cuntis consegue un reforzo de 6.729 horas máis para o servizo de axuda no fogar
Por Redacción
O Concello de Cuntis recibiu a comunicación da Consellería de Política Social na que se lle informou da concesión dun reforzo de 6.729 horas máis ao ano na prestación do servizo de axuda no fogar, indicou a concelleira responsable de Benestar Social, Conchy Campos.
Desde o pasado venres 1 de setembro aplícase este reforzo, que a un nivel económico tradúcese nun incremento de financiamento anual estimado en 63.996,73 euros.
A concelleira de Benestar Social indicou que "o que se pretende é mellorar a autonomía persoal das usuarias e usuarios deste servizo básico no noso municipio e con moita demanda para o que o Concello de Cuntis fai un esforzo achegando o persoal técnico".