O goberno local presenta unha modificación de crédito para financiar a reforma da rúa Cruz Vermella e outras melloras
Por Oskar Viéitez
O goberno local de Pontevedra levará ao próximo pleno extraordinario unha modificación de crédito por algo máis de tres millóns de euros.
Segundo informou este martes o concelleiro de Facenda, Raimundo González, o 98% deste crédito destinarase a investimentos "financeiramente sustentables". Máis en detalle este diñeiro servirá para financiar a rehabilitación integral da rúa Cruz Vermella, por un montante total de 1.405.000 euros.
Tamén está previsto que outros 900.000 euros ocúpense en pequenas obras de accesibilidade e mobilidade nas estradas de rural nas parroquias de Santo André e Santa María de Xeve, Campañó, Lérez, Alba, Ponte Sampaio e A Canicouva. Raimundo González apuntou que con estes traballos preténdese aumentar a vida útil destes viarios.
Ademais destínanse 450.000 euros a obras de eficiencia enerxética nas pontes das Correntes, Compostela, Tirantes e a pasarela peonil da Illa das Esculturas. Tamén se completará a iluminación led nas parroquias Ponte Sampaio e A Canicouva, cun orzamento estimado en 197.000 euros.
Finalmente incrementarase o orzamento do Pazo da Cultura en 60.000 euros para diversas actividades e empregaranse 20.570 euros no deseño dunha aplicación informática en materia de turismo relacionada cos fondos europeos DUSI.
O concelleiro de Facenda explicou que todo esta modificación de crédito financiarase con 2,9 millóns procedentes do superávit (que alcanza os cinco millóns de euros) e o resto será con fondos de continxencia do orzamento actual.
Relacionadas:
-
O orzamento de Pontevedra crecerá en case un millón de euros
Por Alejandro Espiño |
-
A contorna da sede da Cruz Vermella só contará con aparcadoiros para servizos
Por Redacción |
-
Xa hai cartos para afrontar a reforma da rúa Cruz Vermella
Por Alejandro Espiño |
-
Unha nova praza peonil, similar á do Hospital, unirá Cruz Vermella con Padre Gaite
Por Alejandro Espiño |