Dúas concentracións sacan á rúa as posturas enfrontadas dos pontevedreses sobre o 'procés' catalán
Por Mónica Patxot
A plataforma 'Galiza com Catalunya' co apoio do BNG por un lado e un colectivo de pontevedreses anónimo co apoio de Ciudadanos (Cs) polo outro. Foron os dous focos polarizados nos que ás 20.00 horas deste mércores se concentraron os pontevedreses que quixeron saír á rúa para manifestar a súa opinión sobre o denomiado 'procés' de independencia de Cataluña e toda a polémica suscitada nos últimos días a raíz do referendo convocado para o próximo 1 de outubro.
A concentración da plataforma 'Galiza com Catalunya' congregou centos de persoas ante a Subdelegación do Goberno en Pontevedra en apoio ao pobo catalán e para amosar o seu contundente rexeitamento "fronte a gravísima escalada represiva vivida nas últimas horas en Catalunya".
O acto convocado de xeito anónimo por un grupo de cidadáns pontevedreses xuntou un número moi inferior de personas, apenas unha ducia, na praza da Peregrina en defensa da "unidade de España".
No caso da concentración da plataforma, tivo o apoio do BNG e de cargos representativos como o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores. Sosteñen que "non cabe outra definición diante do que está a contecer que falar de golpe de Estado contra o goberno e as lexítimas institucións catalanas, elixidas democraticamente pola súa cidadanía cun claro obxectivo: a convocatoria do referéndum de autodeterminación" e convocaron a concentración "contra a represión e polo dereito a decidir dos pobos".
A outra concentración tivo o respaldo da agrupación local de Cidadáns (Cs) e contou coa presenza da voceira da agrupación, María Rey. Convocouse baixo a consigna "España necesita que estemos unidos" y manifestou a súa postura "a favor de la unidad de España" e en contra do 'procés' e do referendo convocado pola Generalitat e suspendido cautelarmente polo Tribunal Constitucional.
Relacionadas:
-
A Subdelegación celebra o aniversario máis polémico da Constitución pedindo "convivencia" e "consenso"
Por Natalia Puga & Diego Torrado |
-
VÍDEO.- Policías piden en Pontevedra medidas urxentes para frear o "acoso" e "persecución" que sofren en Cataluña
Por Natalia Puga & Mónica Patxot |
-
O referendo de Cataluña tamén divide aos pontevedreses
Por Oskar Viéitez |
-
Apoio policial desde Pontevedra aos axentes das forzas de seguridade en Cataluña
Por Redacción |
-
Pontevedra tamén achega gardas civís para o dispositivo do referendo en Cataluña
Por Natalia Puga | Creada e actualizada
-
Lores non retirará o seu apoio ao "dereito a decidir" de Cataluña: "Eu son nacionalista"
Por Alejandro Espiño |
-
Moreira dá un ultimátum ao alcalde para que retire o apoio ao referendo ilegal
Por Oskar Viéitez |
-
O "procés" enfronta a PP e BNG
Por Redacción |
-
O PP sinte "vergoña e repugnancia" polo apoio de Lores aos alcaldes cataláns investigados
Por Oskar Viéitez |