O novo centro social do Burgo en Pasarón terá un orzamento de 639.000 euros
Por Redacción
Este xoves, o concelleiro de Obras, Demetrio Gómez, explicará á directiva da asociación cultural O Burgo o proxecto para a construción do novo Centro Social do Burgo, situado nos baixos de Pasarón pero cunha estrutura independente do estadio municipal de fútbol.
A separación é unha demanda realizada tanto polo Pontevedra Club de Fútbol como pola Asociación Cultural O Burgo. Desta forma só será compartida unha saída de emerxencias. Na proposta presentada o novo centro social contará cunha nova entrada accesible.
O concelleiro Demetrio Gómez destacou o labor que a veciñanza mantivo para desenvolver este proxecto achegando ideas e suxerencias para este novo centro social que ocupará 1.087 metros cuadradados con espazos para almacéns e armarios diferentes para a asociación de veciños para o Pontevedra Club de Fútbol, situados no soto do estadio.
Este local contará cunha zona de estancia de 111 metros cadrados, cunha aula social de 62 metros e un salón multiusos de case 100 metros cadrados, que acollerán actividades e cursos.
Entre as grandes novidades inclúese unha cociña-aula cun formato que permitirá ofrecer de forma cómoda clases de cociña.
O orzamento total do proxecto ascende a 639.902 euros e está previsto que, en breve, se redacte o prego de contratación para sacalo a licitación canto antes. Demetrio Gómez asegurou que o obxectivo é que a obra estea rematada dentro do ano 2018.
Relacionadas:
-
O estadio de Pasarón adáptase para acoller o Centro Social do Burgo
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
O luns comezan os traballos de construción do novo local social do Burgo en Pasarón
Por Redacción |
-
O Burgo terá un novo centro social dentro de oito meses
Por Alejandro Espiño |
-
O centro social do Burgo afianza a "boa saúde" da relación entre Concello e Deputación
Por Alejandro Espiño |
-
Doce empresas optan a construción do futuro Local social do Burgo
Por Redacción |
-
Os veciños do Burgo contarán cun novo local social en Pasarón
Por Alejandro Espiño |