Os novos empresarios de Pontevedra convocan nova edición dos seus premios anuais
Por Alejandro Espiño
Promover e difundir a cultura emprendedora, a innovación empresarial, a creación de emprego e a internacionalización das pequenas e medianas empresas. Ese volve a ser o obxectivo co que a Asociación de Jóvenes Empresarios de Pontevedra (AJE) convoca unha nova edición, a vixésimo segunda do Premio Novo Empresario do Ano.
Este galardón valora a orixinalidade, calidade e sustentabilidade das iniciativas empresarias creadas pola mocidade pontevedresa.
O premio foi presentado polo presidente da asociación, Pablo Fernández López, que estivo acompañado polo secretario, Jesús Rey Rodríguez, e os vocais Alicia Montes Costas e José Ramón Sánchez.
A gran novidade é que este ano os galardóns entregaranse o 31 de outubro, ás 20.30 horas, no Sexto Edificio do Museo, nun cóctel que será servido por O Eirado da Leña.
De novo, haberá un premio para o Novo Empresario do Ano, que estará dotado en función das súas necesidades e da súa actividade dunha oficina ou dunha nave no polígono de Barro-Meis con vixencia dun ano prorrogable a dous, un ordenador persoal, unha bolsa de Galicia Business School valorada en 9.950 euros, un ano de afiliación en AJE e un escultura conmemorativa.
O premio Novo Emprendedor do Ano está dotado con aloxamento gratuíto durante un ano nun dos viveiros do Consorcio da Zona Franca de Vigo, un ordenador persoal, unha bolsa de Galicia Business School valorada en 9.950 euros, un ano de afiliación en AJE e un escultura conmemorativa.
Todas as candidaturas presentadas optarán a un accésit de innovación, un accésit á creación de emprego e un accésit ao empresario con discapacidade, dotados cun un iPad, un cheque de 1.000 euros para formarse nun programa de Galicia Business School, seis meses de afiliación en AJE e una escultura conmemorativa.
Tamén optarán a un dos dous postos do espazo do Centro de Emprendemento (CEM) na Cidade da Cultura, adecuados para a súa adaptación a actividade prevista durante un período dun ano sen costo, en renda e gastos de comunidade, salvo os gastos correntes que xere o propio negocio e as responsabilidades que da propia actividade se deriven.
Haberá, por último, o tradicional premio honorífico para un empresario de recoñecido prestixio dentro da provincia de Pontevedra.
Aos premios pódense presentarse todos aqueles empresarios e emprendedores con data de nacemento non anterior ao 31 de outubro de 1976, que teñan domicilio social na provincia de Pontevedra, estean ao corrente nas súas obrigas fiscais, pagos de cotas á seguridade social e que non teñan contraída débeda algunha coa comunidade autónoma galega.
Os candidatos que desexen concorrer a estes premios deberán enviar a documentación a info@ajepontevedra.com. As candidaturas xunto coa documentación sinalada nas bases poderán presentarse ata o 29 de outubro.
Relacionadas:
-
Carlos Conde e Send2Me Last Mile, gañadores dos premios anuais de AJE Pontevedra
Por Alejandro Espiño & Diego Torrado |
-
Edelmiro Cuiña, de Autocares Rías Baixas, premio honorífico de AJE Pontevedra
Por Mónica Patxot |
-
AJE presenta a Xunta e Deputación os detalles dos seus premios anuais
Por Redacción |
-
O Plan Social de Ence activa a aceleradora empresarial Ría de Pontevedra a través de AJE
Por Redacción |
-
Pablo Fernández seguirá a contar co apoio da Deputación durante o seu mandato en AJE
Por Redacción |
-
Obxectivo de AJE: aumentar a supervivencia das novas empresas
Por Oskar Viéitez |