Os Bombeiros sufocan un incendio nun piso de Conde de Bugallal
Por Oskar Viéitez
Os Bombeiros de Pontevedra sufocaron un incendio nun cuarto piso do edificio número un da rúa Conde de Bugallal, á altura dos xulgados da Parda.
O suceso tivo lugar este mércores sobre as 21.15 horas.
O lume iniciouse nun colchón que se atopaba en contacto cun foco encendido.
Foi un veciño quen alertou do lume. Os bombeiros acudiron co camión escaleira. A súa rápida actuación evitou que as chamas se estendesen ao resto do inmoble que tan só resultou afectado polo fume.
A vivenda atopábase deshabitada no momento do suceso.
Relacionadas:
-
Unha persoa ferida nun accidente de moto en Bueu
Por Redacción |
-
Unha condutora sofre feridas ao impactar contra o muro do seu garaxe
Por Redacción |
-
Arde unha caseta de mariñeiros en Sanxenxo
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas insiste na comarcalización dos bombeiros municipais de Pontevedra
Por Oskar Viéitez |