A presidenta da Deputación pide a Núñez Feijóo o cesamento de Alfonso Rueda por "incompetente"
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido
A presidenta da Deputación, Carmela Silva, confesaba este mércores 18 sentirse moi enfadada ante a xestión do vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, durante os últimos días e pediu a Núñez Feijóo o cesamento de Rueda no seu cargo a quen acusou de ser un comisario político do Partido Popular.
Carmela Silva describiu a Rueda como unha persoa negativa, incapaz e incompetente. "Estou farta do señor Rueda", afirmou a presidenta provincial, a quen acusou de non realizar unha soa chamada aos responsables da Deputación Provincial nin aos alcaldes da provincia durante a crise incendiaria dos últimos días. E engadiu que o vicepresidente da Xunta está a culpar aos alcaldes do abandono dos montes cando a responsabilidade recae na Xunta de Galicia.
A presidenta provincial defendeu aos alcaldes, de todas as cores políticas, sinalando que foron os que estaban a axudar aos veciños para apagar os lumes durante estes días: "Eu mirei a todos os alcaldes deixándose a pel na provincia, apagando coas súas mans os fogos, sen mangueiriñas pequenas, sen zapatos de pasear polas rúas e sen camisas de señorito. Como se atreve de culpar aos alcaldes de nada?", indicou Silva.
Ademais, tamén anunciou que esixirá ao goberno de España e ao da Xunta de Galicia que acheguen axudas para os Concellos afectados polos lumes. E relatou as críticas que tanto Núñez Feijóo como Rafael Louzán e outros cargos do Partido Popular fixeron sobre a xestión dos incendios do goberno bipartito da Xunta en 2006 cando o agora presidente da Xunta dicía que "co PP non falecían persoas nos incendios".
Arremeteu tamén contra Rueda culpándoo da situación política e sinalando que, tras a de Tui, xa son cinco as mocións de censura que provocara na provincia. "Pontevedra é a vergonza de España", apuntou. Anunciou que o Partido Socialista ten previsto trasladar a Fiscalía a moción de censura de Tui e volveu sinalar ao presidente provincial do PP como o culpable: "Este é o señor vicepresidente da Xunta que temos, un señor que compra gobernos".
Relacionadas:
-
O motivo "principal" dos incendios, di o PSOE, son os "bandazos" da Xunta coas emerxencias
Por Alejandro Espiño |
-
O PP provincial pide a Rueda "que non lle entre ao trapo" ás declaracións de "auténtica hooligan" de Carmela Silva
Por Oskar Viéitez | Creada e actualizada
-
Rueda cualifica de "exabruptos" os ataques de Carmela Silva e cre que ten medo a perder a Deputación
Por Redacción |
-
Feijóo define como "crítica" a situación en Galicia polos incendios
Por Alejandro Espiño |
-
Gabinete de crise na Deputación que mantén movilizados todos os seus departamentos e efectivos
Por Redacción |